Zum Inhalt springen

Bestiario en pedra

Bestiario en pedra. Animais fabulosos da arte medieval galegapretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonioartístico e simbólico. Aínda que a maioría da xente actual nos as«ve», a arte medieval está repleta de representacións de animais,nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis,nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro. Os temas emotivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa,presentan en Galicia unha riqueza e unha variedade realmenteextraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago eOurense, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco deOurense, das igrexas betanceiras, das de Ribadavia, desa xoia quese chama Santiago de Breixa... Os autores recollen os exemplos deanfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros, dragóns,grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe na arte do noso país. Efornecen un amplo repertorio de textos, antigos e medievais, e unhainterpretación que permiten entender a súa omnipresenza nasnosas catedrais e igrexas

Book information

  • Author: Carlos L. Bernárdez
  • Publisher: Ediciones Laiovento
  • Imprint: Edicións Laiovento
  • Collection: Fora de Serie
  • ISBN-13: 9788484876618
  • Language: GL
  • Edition: 1
  • Publication date: 2025-11-04
  • Pages: 284
  • Format: 170 × 240 mm
80.750 80.750

Terms and Conditions
30-day money-back guarantee
Shipping: 2-3 Business Days