Suso Sandoval é un detective en horas baixas que tivo que trasladar a súa oficina a unha taberna do porto: Das Almas Perdidas. No seu matrimonio as cousas non van mellor, a súa muller o está a enganar con Don Porfirio, un empresario dono de media cidade.De xeito inopinado, o empresario contrata a Sandoval para que vixíe a Lilian, a súa bela esposa francesa. O detective acepta a sabendas de que o que vai pagar Don Porfirio non é o seu traballo, senón os favores da súa muller e a súa mansedume.Fartos de perder, Suso Sandoval, Lilian e outro par de almas perdidas planean un golpe que os saque da miseria e lles devolva o orgullo perdido.
Book information
- Author: Luis Rodríguez Rivera
- Publisher: Editorial Tandaia
- Imprint: Do Peirao
- ISBN-13: 9788417986667
- Language: GL
- Edition: 1
- Publication date: 2020-05-15
- Pages: 210
- Format: 140 × 200 mm