Zum Inhalt springen

Do reino (e) dos amores proscritos

Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas.Este libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.

Book information

  • Author: Afonso Becera de Becerrea
  • Publisher: Ediciones Laiovento
  • Imprint: Edicións Laiovento
  • Collection: Teatro
  • ISBN-13: 9788484877653
  • Language: GL
  • Edition: 1
  • Publication date: 2026-06-16
  • Pages: 82
  • Format: 140 × 210 mm
15.295 15.295

Terms and Conditions
30-day money-back guarantee
Shipping: 2-3 Business Days