Ir al contenido

Distancia do espectador, A

A distancia do espectador trata de Mat, un rapaz aínda nese medio do camiño entre a adolescencia e o adulto ao que lle custa chegar e o desconcerta. Nun intre intranscendente, decide deixarse de aprazamentos e atreverse a marchar da casa e do pobo que o viu medrar sen sorpresa. Á procura de algo que o motive, que o esperte do monótono.Ao longo da novela coñeceremos os personaxes e os lugares cos que se atopa o protagonista. O Lagon, un bar oculto e esquecido, onde son habituais Roman, o mariñeiro afastado do mar, e o pintor Erwan Joubert. Tamén ela estará alí. Na libraría Moustache encontrará as voces dos libros que agardan ser rescatados. Todos eles, cada un a seu xeito, marcarán a Mat e influirán no relato.

Book information

  • Author: Javier Pereiro Ramos
  • Publisher: Editorial Tandaia
  • Imprint: Do Peirao
  • ISBN-13: 9788417393960
  • Language: GL
  • Edition: 1
  • Publication date: 2019-05-15
  • Pages: 188
  • Format: 140 × 200 mm
16.595 16.595

Términos y condiciones
Grantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días hábiles