Un asunto por resolver. Tres verdades apócrifas na pulcritude da neve. A chegada duns forasteiros. O inverno da montaña como pano de fondo.As voces que artellan esta historia recóndita mergullan nun pasado de enganos, rancores, envexas, silencios e amores que saen á luz cando un estraño acontecemento revoluciona a tranquilidade de toda a contorna.Contada a través de monólogos improvisados, a narración vaise es- truturando ou quizais desestrutu- rando en verdades superpostas e por veces antagónicas, ao tempo que todo adquire o carácter dunha gran metáfora.
Book information
- Author: Rafa Lobelle
- Publisher: Editorial Tandaia
- Imprint: Do Peirao
- ISBN-13: 9788417393113
- Language: GL
- Edition: 1
- Publication date: 2018-06-15
- Pages: 186
- Format: 140 × 200 mm